jueves, 12 de abril de 2012
Austeridade ideolóxica do P.P. na sanidade
Galicia é un laboratorio experimental do PP, que prefire investir 1,5 millóns € en valados publicitarios e cartaces para demostrar o modernos que somos, investir 2,2 millóns € nunha campaña de concienciación do bo uso do medicamento, que adxudica a empresas amigas e afíns a xestión de subministros; investir miles de euros cada semán en gas para o hospital de Lugo (iso si,gas de Reganosa, a planta deficitaria da que é partícipe a Xunta en Mugardos) ou beneficiar ós seus amigos coa privatización do novo hospital de Vigo.
Hai un excesivo gasto sanitario da cidadanía por un uso excesivo ou un mal uso dos servizos sanitarios? É insostible o sistema público de saúde? A única solución é o repagamento e a privatización de servizos como propón o P.P.? Ou queren beneficiar ós seus amigos privatizando a sanidade?
A cidadanía contribuimos a traves do IRPF, o céntimo sanitario e os impostos indirectos. Como contribúen os amigos para os que se aprobe unha amnistía fiscal? Estaremos a falar de ideoloxía e non de orzamentos?
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario