miércoles, 9 de mayo de 2012

Coa educación non se xoga. Súmate


O 10 de Maio,  “Xornada de Loita” convocada pola Plataforma Pola Educación Pública. O recorte de 3.000 millóns na financiación que decretou o PP pon en risco a calidade da educación pública. Aquí temos algnha das medidas contempladas:
1.-Increméntase nun 20% a ratio de alumnado por aula, pasándose de 25 en infantil e primaria a 30, de 30 a 36 en ESO e FP, de 35 a 42 en Bacharelato; ao que habería que sumar os repetidores e o 10% de incorporación tardía.
2.- Ningunha baixa (maternidade, falecemento, etc) se cubrirá os 15 primeiros días. Ata o de agora se sustituía si era maior de 3 días, polo menos en papel, xa que na práctica isto non se estaba a cumplir.
3.- Increméntase a xornada lectiva do profesorado a un mínimo de 25 h. en infantil e 20 en secundaria, co que as dinamizacións poden chegar a desaparecer: bibliotecas, excursións, etc. Non se poderá atender os programas de atención individualizada e de apoio ó alumnado con dificultades.
4.- Redución a unha a oferta de bacharelato por centro. Agora cada centro estaba obrigado a ofertar dúas modalidades. O que obrigará a estudar o que non desexas ou a asumir un coste de desplazamento importante.
5.- Aplazase ó curso 2014/15 a implantación dos currícula de titulos de FP de 2.000 horas.
6.- Só se vai cubrir o 10% das prazas do profesorado (xubilación, etc).
Todas estas medidas e outras contempladas que iremos publicando significan un ataque frontal á educación pública, Por iso é necesario mobilizarse. A educación debe ser garante de igualdade.

1 comentario:

EU-IU dijo...

O día 22 de maio folga no ensino non universitrio e universitario contra os novos recortes que impón o decreto do PP. Ás 19:00h. concentración diante da delegación da Xunta en Ferrol.