O 10 de Maio, “Xornada de Loita” convocada pola Plataforma Pola Educación
Pública. O recorte de 3.000 millóns na financiación que decretou
o PP pon en risco a calidade da educación pública. Aquí temos
algnha das medidas contempladas:
1.-Increméntase nun
20% a ratio de alumnado por aula, pasándose de 25 en infantil e
primaria a 30, de 30 a 36 en ESO e FP, de 35 a 42 en Bacharelato; ao que
habería que sumar os repetidores e o 10% de incorporación tardía.
2.- Ningunha baixa
(maternidade, falecemento, etc) se cubrirá os 15 primeiros días. Ata
o de agora se sustituía si era maior de 3 días, polo menos en
papel, xa que na práctica isto non se estaba a cumplir.
3.- Increméntase a
xornada lectiva do profesorado a un mínimo de 25 h. en infantil e 20
en secundaria, co que as dinamizacións poden chegar a desaparecer:
bibliotecas, excursións, etc. Non se poderá atender os programas de
atención individualizada e de apoio ó alumnado con dificultades.
4.- Redución a unha
a oferta de bacharelato por centro. Agora cada centro estaba obrigado a ofertar dúas
modalidades. O que obrigará a estudar o que non desexas ou a asumir
un coste de desplazamento importante.
5.- Aplazase ó
curso 2014/15 a implantación dos currícula de titulos de FP de
2.000 horas.
6.- Só se vai cubrir o 10% das prazas do profesorado (xubilación, etc).
Todas estas medidas
e outras contempladas que iremos publicando significan un ataque
frontal á educación pública, Por iso é
necesario mobilizarse. A educación debe ser garante de igualdade.