sábado, 10 de noviembre de 2012

14-N: Folga Xeral















O mércores 14 volveremos en lancha a Ferrol para participar nas mobilizacións da Folga Xeral. Sairá do peirao de Mugardos ás 11:00 da mañá e voltará ás 14:00. O prezo do billete é de 3 € (ida e volta). Os menores de 18 anos non pagan. Pola defensa dos teus dereitos, participa!

domingo, 17 de junio de 2012

Resolución da asamblea local sobre a sentencia do Supremo


O 14 de Xuño, reuniuse a asamblea local de EU Mugardos para analizar a sentencia do Tribunal Supremo na que rexeita os recursos de Reganosa e do Concello contra a sentenza do TSXG de 2008 relativa á modificación do PXOM. Éste é o texto da resolución.

miércoles, 9 de mayo de 2012

Coa educación non se xoga. Súmate


O 10 de Maio,  “Xornada de Loita” convocada pola Plataforma Pola Educación Pública. O recorte de 3.000 millóns na financiación que decretou o PP pon en risco a calidade da educación pública. Aquí temos algnha das medidas contempladas:
1.-Increméntase nun 20% a ratio de alumnado por aula, pasándose de 25 en infantil e primaria a 30, de 30 a 36 en ESO e FP, de 35 a 42 en Bacharelato; ao que habería que sumar os repetidores e o 10% de incorporación tardía.
2.- Ningunha baixa (maternidade, falecemento, etc) se cubrirá os 15 primeiros días. Ata o de agora se sustituía si era maior de 3 días, polo menos en papel, xa que na práctica isto non se estaba a cumplir.
3.- Increméntase a xornada lectiva do profesorado a un mínimo de 25 h. en infantil e 20 en secundaria, co que as dinamizacións poden chegar a desaparecer: bibliotecas, excursións, etc. Non se poderá atender os programas de atención individualizada e de apoio ó alumnado con dificultades.
4.- Redución a unha a oferta de bacharelato por centro. Agora cada centro estaba obrigado a ofertar dúas modalidades. O que obrigará a estudar o que non desexas ou a asumir un coste de desplazamento importante.
5.- Aplazase ó curso 2014/15 a implantación dos currícula de titulos de FP de 2.000 horas.
6.- Só se vai cubrir o 10% das prazas do profesorado (xubilación, etc).
Todas estas medidas e outras contempladas que iremos publicando significan un ataque frontal á educación pública, Por iso é necesario mobilizarse. A educación debe ser garante de igualdade.

lunes, 23 de abril de 2012

O 29 de abril, maniféstate




Recortar 3.000 millóns de € no ensino e 7.000 millóns na  sanidade  son as cifras que da o goberno do PP como imprescindibles para a sostenibilidade económica dos servizos públicos: Ensino e Sanidade.
Nada máis coñecerse estes datos e aínda sen concreción, algunhas voces autorizadas do PP din que non será suficiente para a sostenibilidade económica.
Estamos ó principio: Recortes Laborais, Recortes nas Liberdades, Recortes no Ensino e Recortes  na Sandidade.Se non os paramos, acabarán con todo.

Gaceta Sindical Especial 29 de Maio

jueves, 12 de abril de 2012

Pola nosa comarca, di SI ao Naval!














Os gobernos do Partido Popular de Galicia e España non cumplen coa nosa comarca. Mobilízate en defensa do emprego na nosa comarca apoiando as reclamacións do Comité de Empresa de Navantia:
-Esixencia do cumplimento dos compromisos sobre a contratación da 6ª Fragata (F-106) ou buque similar para a Armada Española.
-Maior implicación do Goberno nas accións comerciais.
-Construcción do dique flotante.
-Eliminación do veto á construcción civil.