lunes, 23 de abril de 2012
O 29 de abril, maniféstate
Recortar 3.000 millóns de € no ensino e 7.000 millóns na sanidade son as cifras que da o goberno do PP como imprescindibles para a sostenibilidade económica dos servizos públicos: Ensino e Sanidade.
Nada máis coñecerse estes datos e aínda sen concreción, algunhas voces autorizadas do PP din que non será suficiente para a sostenibilidade económica.
Estamos ó principio: Recortes Laborais, Recortes nas Liberdades, Recortes no Ensino e Recortes na Sandidade.Se non os paramos, acabarán con todo.
Gaceta Sindical Especial 29 de Maio
jueves, 12 de abril de 2012
Pola nosa comarca, di SI ao Naval!
Os gobernos do Partido Popular de Galicia e España non cumplen coa nosa comarca. Mobilízate en defensa do emprego na nosa comarca apoiando as reclamacións do Comité de Empresa de Navantia:
-Esixencia do cumplimento dos compromisos sobre a contratación da 6ª Fragata (F-106) ou buque similar para a Armada Española.
-Maior implicación do Goberno nas accións comerciais.
-Construcción do dique flotante.
-Eliminación do veto á construcción civil.
Austeridade ideolóxica do P.P. na sanidade
Galicia é un laboratorio experimental do PP, que prefire investir 1,5 millóns € en valados publicitarios e cartaces para demostrar o modernos que somos, investir 2,2 millóns € nunha campaña de concienciación do bo uso do medicamento, que adxudica a empresas amigas e afíns a xestión de subministros; investir miles de euros cada semán en gas para o hospital de Lugo (iso si,gas de Reganosa, a planta deficitaria da que é partícipe a Xunta en Mugardos) ou beneficiar ós seus amigos coa privatización do novo hospital de Vigo.
Hai un excesivo gasto sanitario da cidadanía por un uso excesivo ou un mal uso dos servizos sanitarios? É insostible o sistema público de saúde? A única solución é o repagamento e a privatización de servizos como propón o P.P.? Ou queren beneficiar ós seus amigos privatizando a sanidade?
A cidadanía contribuimos a traves do IRPF, o céntimo sanitario e os impostos indirectos. Como contribúen os amigos para os que se aprobe unha amnistía fiscal? Estaremos a falar de ideoloxía e non de orzamentos?
lunes, 2 de abril de 2012
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)


